LIBRO
DO MES DE MARZO 2012
DATOS
DO LIBRO
AUTOR:
Miguel Ángel González García e Servando Ellacuriaga Tesouro
TÍTULO:
La Coral de Ruada
CIDADE
DE EDICIÓN: Ourense
EDITORIAL:
Caixa Ourense
ANO:
1996
BREVE
RESUMO DO LIBRO
Trátase dun percorrido
histórico a través da historia desta coral, que nacera en 1918 e
aínda hoxe mantén a súa labor.
A Coral “Re Ruada”
xestárase en 1918 e debutou o 24 de xuño de 1919 no Teatro Apolo
de Ourense, onde obtivo un grande éxito. Esta coral seguiu o modelo
do coro “Aires d'a terra”, fundado polo gaiteiro pontevedrés
Perfecto Feijóo. Este tipo de agrupación ou “coro galego”
estaba formado por coro de voces mixtas, ataviados co traxe
tradicional, que cantaban repertorio popular con acompañamento
instrumental típico do folclore galego. Nas fotografías máis
antigas pódese observar a vestimenta típica dos integrantes e os
tres instrumentos básicos (gaita, tamborileiro, bombo), ademais de
zanfoña e pandeiros con sonaxas.
Neste libro poderemos facer
un percorrido pola vida desta interesante agrupación ourensá, que
deixou e aínda está a deixar momentos musicais para a historia.
Fontes de consulta:
- www.coralderuada.com
- Etno-folk. Revista galega de etnomusicoloxía, 9 (outubro 2007). Monográfico adicado a "De Ruada".